MAGDA BANDERA, DIRECTORA DE LA MAREA

Magdalena Bandera Conejo máis coñecida como Magda Bandera, é unha das fundadoras da revista La Marea, este medio que ten unha tirada mensual en papel e funciona de forma diaria no espazo dixital, xurdiu ao amparo dunha cooperativa de editorxs e lectorxs que se formou para intentar facerse co periódico Público, ao non ser finalmente posible lanzaron La Marea.

Dende o 2015 Magda Bandera dirixe esta revista que ten como principios editoriais: a liberdade, a igualdade, a laicidade, a defensa do público, a soberanía dos pobos, a economía xusta, a rexeneración democrática e a denuncia da ilexitimidade da monarquía, a memoria histórica, a cultura libre, o traballo e a vivenda dignos e o respecto polo medio ambiente. Este medio ademais aposta pola súa independencia económica, polo que os seus ingresos veñen maioritariamente da subscrición e a publicidade ten que axustarse aos principios éticos da revista.

Enlaces de interese:

La Marea

Entrevista

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *