SEGUNDO PASO: LIBERDADE DE PRENSA DENDE A TRANSICIÓN ATÉ HOXE

O pasado día 18 de novembro, démonos cita no café De Catro a Catro para asistir á confenrencia de Pepe Ribas, fundador de Ajoblanco, unha das publicacións contraculturais máis vencelladas aos anos da Transición. Esta palestra, que se enmarca dentro das Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder, serviu para afondar no concepto da liberdade de prensa, sendo o segundo paso que nos axudará a analizar a comunicación e as relacións de poder que se tecen a través dela.

A conferencia que tiña como nome “Existe prensa libre?”, permitiunos facer un repaso da prensa que xurdía no momento da Transición, e como pouco a pouco foi transformándose no que é hoxe en día, a través do acoso, os subornos e a compra dos canais de distribución da prensa escrita. Ademáis de analizar como algúns destes medios terminan sendo controlados polo poder político ou as grandes transnacionais, a través das subvencións e a publicidade. Pepe tamén nos achegou a súa visión da crise da prensa escrita e o papel que pode xogar internet no futuro da comunicación e os cambios sociais. Xa na última parte sinalou que o 15M supuxo a nivel estatal un punto de inflexión para que o social volvese a ser tema de conversa habitual. A palestra rematou cun debate, no que interviñeron persoas dun amplo espectro da sociedade, que axudou a ampliar a experiencia enriquecedora deste acto.

Coa firme tarefa de reflexionar, aparcamos este paseo que estamos facendo polo mundo da comunicación até os vindeiros actos que terán lugar na Coruña, Madrid, Montpellier, Montreal e outra vez darémonos cita en Vigo. Vémonos o día 23 na Coruña para asistir ao acto de Antonio Caro “A publicidade como instrumento do poder”. Non faltedes!

Máis Información:

Vídeo da charla

Interésache:

QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *