José Ribas, coñecido como Pepe Ribas, é un dos fundadores da revista contracultural Ajoblanco. Esta revista supuxo unha ruptura cos tabús existentes durante a transición, nas súas páxinas falouse de temas tan controvertidos para a época como: a ecoloxía, o movemento LGBTI, o colectivismo, a antipsiquiatría e outros.
Ribas fixo parte dun colectivo sen xerarquías e dende distintas posicións ideolóxicas, no que sacaron adiante un medio que tiña como obxectivo promover unha cultura libertaria e ofrecer un medio que dera voz á xeración que estaba a vivir a transición española. Naquel medio chegaron a publicarse ata 2000 textos feitos polxs lectorxs da revista na súa primeira etapa (1974-1980).
Enlaces de interese:
Documental: “Contracultura, mentiras e Ajoblanco”