TERCEIRO PASO: REALIDADES FRAGMENTADAS, PERIGOS DA INFORMACIÓN

O 23 de Novembro tivo lugar na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña, a palestra que nos ofreceu Marcos Pérez e que levaba por título “Cada xornalista ten a súa verdade. Guerra de relatos nun mundo fragmentado, que supuxo o terceiro paso cara o descubrimento das implicacións da comunicación para a cidadanía e como as redes converten o consumo de información nun problema ao non existir unha cultura de consumo responsable da información.

Neste paso do camiño que seguimos a percorrer no marco das Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder, Marcos Pérez, xornalista de Praza Pública, achegounos a través da súa experiencia, unha análise da situación actual dos medios de comunicación, partindo da despapelización da prensa tradicional e as consecuencias que supón este proceso, problemáticas como a hiperdependencia dos medios actuais das redes sociais e como estas contribuen a impedir unha visión plural da realidade. Na parte da procura de alternativas, Marcos propuxo non deixarnos atrapar polos marcos xa dados e crear novos marcos que nos permitan construír outro discurso. Por último salientou o papel das redes, as vantaxes e desvantaxes das mesmas e como poden servir para avanzar cara cambios na cultura política e a construcción dunha comunicación alternativa.

Estámonos achegando xa ao ecuador destas xornadas. Mañá voltamos atoparnos na cidade da Coruña para facer un alto neste camiño centrándonos no mundo da publicidade coa palestra titulada “A publicidade como instrumento do poder” que nos ofrecerá Antonio Caro na Asociación Cultural Alexandre Boveda. Vémonos alá!

Máis Información:

https://comunicacioncontrapoder.ecoarglobal.org/

Vídeo da charla

Interésache:

QUECENDO EN PONTEVEDRA: AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O PRIMEIRO PASO: PROBLEMÁTICAS E OPORTUNIDADES DO ACTIVISMO DIXITAL

SEGUNDO PASO: LIBERDADE DE PRENSA DENDE A TRANSICIÓN ATÉ HOXE

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *