DMITRI VITALIEV DIRECTOR DE eQualit.ie UNHA FERRAMENTA PARA A SEGURIDADE NA REDE

Dmitri Vitaliev é fundador e director de eQualit.ie con máis dunha decada de experiencia traballando en seguridade dixital e a privacidade tecnolóxica no campo dos dereitos humanos e os medios independentes. eQualit.ie está formado por un grupo de activistas internacionais dunha ampla diversidade, que traballan xuntxs para defender uns principios comúns.

Como misión principal, teñen a de promover e defender as liberdades fundamentais e os dereitos humanos, facendo especial fincapé no fluxo libre de información na rede. Para iso márcanse como obxectivo crear tecnoloxía accesible e mellorar as habilidades necesarias para defender os dereitos humanos e liberdades na era dixital. Para levar esto ao cabo, teñen en conta os seguintes principios: privacidade, seguridade dixital, apertura, transparencia, liberdade de expresión, acceso a información e unha sociedade legal e xusta.

Enlaces de interese:

https://equalit.ie

https://dmitri.vitaliev.info/

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *