MARCOS PÉREZ XORNALISTA DE PRAZA PÚBLICA, UN NOVO MEDIO DIXITAL GALEGO

Marcos Pérez Pena é Xornalista en “Praza Pública”,  medio dixital galego no que Marcos escribe sobre: movementos sociais, ciencia e tecnoloxía, cultura e economía. Praza Pública naceu no ano 2012, nun momento en que varias cabeceiras da prensa en galego desaparecían dos quioscos.  Praza Pública é un medio dixital que aposta polo galego e ambiciona contribuír dende o pluralismo, a independencia de criterio e a crítica á súa construción, abríndose á participación da cidadánía.

Este medio, busca ser unha comunidade de lectorxs, por iso decidiron lanzar Praza Pública dende unha fundación sen ánimo de lucro en lugar dunha sociedade mercantil, da que forman parte todas aquelas persoas que fagan achegas de capital ou traballo xornalístico. A fundación é o espazo de decisión de todxs xs que fan posible Praza Pública coa súa xenerosidade, apoio solidario e traballo.

Enlaces de interese:

Praza Pública

Artigo sobre a vaga de lumes

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *